Esta mañá os alumnos do Club de Ciencias do IES Francisco Aguiar de Betanzos, acompañados polos seus profesores, visitaron a nosa reserva de anfibios do Catorce. Están a construír unha charca no xardín do seu instituto, polo que esperaban atopar ideas que poidan aplicar nela para favorecer a presenza destes pequenos vertebrados.
O guía de Fragas do Mandeo explicoulles o proceso de transformación deste enclave e puideron observar como as diferentes características das pozas favorecen a distintas especies. Así localizaron moitas postas de ra vermella nas pozas estacionais, pero non nas máis profundas, que son as preferidas da ra verde. Deste xeito salientouse a importancia de crear pequenos refuxios de fauna onde poidan reproducirse os anfibios, aínda que sexa como neste caso partindo dunha canteira abandonada situada na proximidade de vivendas e industrias.
Tamén visitaron a zona de bosque da reserva, onde explicámo-los traballos de eliminación de eucaliptos e de recuperación do bosque autóctono, atopando no itinerario indicios da reprodución da píntega común e da presenza da algaria.
Finalmente, quedaron en volver ó inicio da primavera, para ver a evolución das larvas de anfibios e lograr identificar máis especies na nosa reserva.
Das dezasete tenzas que hai na súa aba noroeste, temos mercado cinco. Estabamos esperando a adquirir máis para iniciar unha restauración completa da fraga, pero xa non podemos seguir demorando a retirada dos eucaliptos, pois temos que cumprir un requirimento de xestión da biomasa emitido pola Administración local.


Habitualmente, eliminar
consecuentemente, calquera cacho arrincado podería logo prender alí onde o deixara a corrente.

Nesta ocasión optamos por volver traballar na ponte da Ermida, pois o ano pasado non logramos remata-la retirada de todo o lixo acumulado durante décadas a carón dos seus piares. O percorrido das ribeiras dos tramos apadriñados co obxecto de recoller refugallos e retirar invasoras xa o estamos a facer periodicamente ó longo do ano.

Durante estes días, as dez persoas que conformaron o equipo (sete voluntarios e tres monitores) traballaron nun treito moi escarpado, o que dificultou en gran medida a labor. Boa parte do tempo pasárono anicados arrincando coidadosamente as plantas. Os resultados son patentes: 661,5 kg de biomasa de tradescantia, 18 tubérculos de
Despois das campañas estivais nos ríos Mandeo, Mendo e rego das Bouzas, así como nas praias da Alameda e Grande de Miño, nos últimos días estivemos centrados na nosa reserva do Ollo da Roda.
Finalmente retiramos 121 kg de tradescantia, 33
Ultimamente estivemos revisando a presenza de especies exóticas invasoras no rego das Bouzas. Este pequeno afluente do río Mandeo desemboca no lugar de Chelo, polo que as invasoras que medren nas súas beiras poden chegar a ser arrastradas pola corrente e coloniza-lo espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo.
Como o próximo mércores unha nova edición do campo retomará a tarefa, non podiamos retrasar máis a revisión estival deste rego. Os resultados son significativos, pois retiramos 91 kg de biomasa de tradescantia, 20 tubérculos de
Esta mañá estivemos inspeccionando o estado deste areal, no que temos eliminado 13 especies de plantas exóticas dende que comezamos a apadriñalo no ano 2015. De novo atopamos unha situación similar á que presentaron os espazos naturais que revisamos ultimamente. Por unha banda, localizamos poucas plantas invasoras. Algunhas delas xa as erradicáramos hai tempo, pero teñen reaparecido, como é o caso dun exemplar de 

















