Dende a súa botadura a mediados de agosto, a nosa lancha saíu tódalas semanas a navegar pola ría de Betanzos. A súa principal misión foi a de retirar lixo na xunqueira, co resultado de que esta semana superámo-lo fito de ter apañadas máis de seis toneladas de refugallos.
As persoas que pasean habitualmente polo porto de Betanzos poden comprobar como zarpa a primeira hora da mañá rumbo á marisma, faga o tempo que faga, para logo volver a última hora cargada até os topes con sacos cheos de refugallos. Alí son pesados un a un, totalizando nestes momentos a cifra de 6.108,10 kg.
A recollida de lixo na xunqueira presenta varias dificultades, aparte dos condicionantes impostos polas mareas e a climatoloxía adversa. Os refugallos están moi dispersos, frecuentemente ocultos pola vexetación, o que fai que moitas veces soamente os localicemos polo ruído que fan ó pisalos. Nas canles, o esteiro entorpece tanto o tránsito como a recollida, especialmente cando son plásticos agrícolas grandes ou pezas de gomaespuma que están parcialmente enterrados na lama.
A natureza dos refugallos atopados no sector da marisma máis próximo a Betanzos apunta claramente a unha orixe urbana e á festa dos Caneiros. Soamente en zonas próximas ó Pedrido pode falarse de procedencia mariña, pois alí xa se atopan restos de artes de pesca e de actividades náuticas arrastrados polas mareas.
A antigüidade dos refugallos chega a ser alta. Cando están ocultos entre a vexetación ou enterrados no esteiro, consérvanse íntegros, aparecendo envases que soamente se utilizaban hai catro décadas. Cando os plásticos levan moito tempo expostos á luz solar, desintégranse na man en cachiños ó intentar recollelos, transformándose en microplásticos. Os numerosos xabarís que transitan a marisma tamén esnaquizan moitos envases.
Os refugallos atopados son do máis variado. Destacan as botellas de vidro das máis diversas bebidas. Tamén as de plástico, moitas delas aínda con parte do seu contido orixinal. Sorprende a abundancia de pelotas e doutros xoguetes, entre eles numerosas pistolas de auga. Aparece moita roupa e calzado. Levadas polas mareas e o vento, as pezas de poliexpán están dispersas por toda a xunqueira. Tamén é salientable o elevado número de acendedores desechables, así como de pauiños de lambetadas e de bastonciños de limpeza dos ouvidos. Calquera obxecto cotián pode aparecer na xunqueira, por moi pesado que sexa.
Esta campaña, centrada na mellora ecolóxica da marisma, está sendo posible grazas ó noso voluntariado e ó apoio da Deputación da Coruña (esta entidade sufragará boa parte da adquisición da embarcación e dos seguros de voluntariado). Non vai finalizar co ano que está a piques de rematar, pois a cantidade de lixo acumulado na xunqueira vai precisar dunha actuación perseverante durante moito tempo.
Pero o caso é que ten unha tacha. Na xunqueira diante do pazo abunda o lixo e, xusto a carón do muro da súa finca, medra un foco de especies exóticas invasoras composto por
Se queres axudar a mellorar o estado deste enclave, podes apuntarte enviándonos con antelación os teus datos (nome completo, DNI, móbil, data de nacemento e concello de residencia). Así poderemos notificarche cambios de última hora, facerche un seguro de accidentes e facilitarasnos a organización. Na sección
Na eco-regata do pasado sábado, os refugallos recollidos polas 33 persoas que participamos pesaron 0,7 toneladas (674,65 kg).
Con isto non se solucionan tódolos problemas ambientais do noso estuario, pero indubidablemente mellorará o seu estado ecolóxico. Outros dos problemas que soporta, tales como a elevada contaminación microbiolóxica, a enorme invasión de
Hoxe estivemos presentes no II Encontro de Mocidade Voluntaria, organizado polo Concello de Oleiros en Mera. Os asistentes puideron achegarse ó noso posto informativo para coñece-lo que significa participar nunha xornada de voluntariado ambiental, podendo valorar as posibilidades de facer algo positivo e concreto polo noso patrimonio natural cooperando nas accións de restauración de hábitats que realizamos ó longo do ano. 
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia os listados provisionais das entidades sen ánimo de lucro que van beneficiarse este ano do seu programa de axudas, tanto para o desenvolvemento de
O destino desta embarcación é dotarnos de máis flexibilidade para actuar na ría de Betanzos. Cando na marisma recollemos lixo ou cando eliminamos focos de especies exóticas invasoras, vai facilitarnos acceder a puntos ós que non podemos chegar dende terra firme, e posteriormente transportar comodamente os residuos até o porto.
Durante a breve travesía puidemos gozar dunha perspectiva da marisma moi distinta da que vemos decotío dende o seu perímetro. As aves acuáticas non se amosaron desconfiadas, destacando entre elas un par de fermosos cullereiros; incluso unha aguia peixeira estivo cazando cerca. Esperamos que as experiencias directas como esta axuden a crear no voluntariado unha vinculación máis estreita con este espazo natural protexido e, consecuentemente, un maior compromiso na súa conservación. 
















